As persoas, primeiro

Glosario de termos
20 Agosto 2021
ODS 8: Traballo decente e crecemento económico
29 Outubro 2021

O compromiso de  Accede Social coa sociedade data desde o mesmo momento do nacemento da empresa de economía social, sempre disposta a coñecer e involucrarse coa contorna na que se move.

Segue lendo e descobre como en Accede Social garantimos cada día un servizo máis personalizado para que as túas viaxes sexan o máis cómodas posibles.

Viaxa con confianza

A experiencia de Accede Social desenvolveuse tendo en conta a túa seguridade pero, sobre todo, a túa confianza.

En Accede Social movémonos cada día por ti, para acompañarche ata onde queiras chegar. Garantir un servizo de calidade en todos os teus traxectos é o compromiso de Accede Social con todas as persoas, dentro e fóra do vehículo.

En todo momento

Darche un bo servizo é o máis importante para nós. Así poderás sentirte cómoda/o cando viaxes e contarás co apoio dunha persoa acompañante de ruta ao longo do traxecto. As/os profesionais de ACCEDE contan con formación para dar resposta ante incidencias e estarán dispoñibles en todo momento.

Trátase dun servizo especializado que orienta, informa e facilita á persoa, o acceso ás distintas paradas, así como a asistencia na subida e baixada dos autobuses.

O equipo de profesionais de Accede Social está sempre preparado para axudarche, por iso prestámosche asistencia en cada percorrido no momento que nos necesites,  desde a túa chegada ata que abandonas o autobús ao finalizar o teu desprazamento. Ademais, ofrecémosche unha atención específica ante calquera incidencia que poida producirse durante a túa viaxe.

Onde queres ir?

accedesocial.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade