10 ideas para que as crianzas coiden o medio ambiente

Consellos útiles para coidar a batería do coche no inverno
22 Xaneiro 2019
Consellos para buscar emprego
30 Xaneiro 2019
 

Se ensinamos as/os nosas/os fillas/os como comer, como lavarse ou como previr enfermidades ou accidentes por que non ensinarlles a protexer o medio ambiente? Da súa calidade vai depender o benestar das futuras xeracións o día de mañá.

O pasado sábado, 26 de xaneiro, celebrouse en todo o mundo o Día da Educación Ambiental, unha data perfecta para pór en marcha estas ideas que che damos en Coregal para educar ás túas fillas/os no coidado do medio ambiente.

Recicla en familia

Ás/os nenas/os gústalles que lles dean pequenas responsabilidades e seguro que lles divirte separar os refugallos do fogar e acompañarvos á rúa a depositalos nos colectores adecuados. Para elas/es será como un xogo!

Un obxecto, un tesouro

Ensínalles que coidar os obxectos e reutilizalos é unha forma de coidar a natureza e unha maneira de asegurar que no futuro siga habendo recursos naturais para que todas as persoas poidan ter unha vida digna.

Mans para que vos quero

Se hai unha idade na que gusta facer manualidades e ése máis creativo que nunca, esa é a infancia. Aproveita este don que teñen as/os cativas/os para decorar ou redecorar obxectos de casa e poder darlles unha segunda vida.

Recicla en familia!

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade