As 7 Rs da economía circular

Claves para facer moi ben unha entrevista de traballo sen saír de casa
15 Abril 2020
Innovación antes, durante e despois do coronavirus: a revolución dos coidados
17 Abril 2020

Seguro que oíches falar do concepto das tres Rs. Trátase da guía básica para diminuír os residuos xerados no noso planeta e axudarnos a aforrar en materias primas. Pero, sabías que hai outras catro reglas? Estas sete Rs ilustran as accións necesarias para alcanzar unha economía circular. Contámoscho!

 

Redeseñar

Introducir a ecoloxía no deseño, tamén coñecido como ecodiseño, para fabricar produtos que teñan en conta o medio ambiente e a sustentabilidade. Que tipos de materiais e envases se usaran, como será o proceso de creación,…

 

Reducir

Significa tratar de consumir menos recursos ou comprar menos. Como apagar as luces que non usamos, pechar a billa mentres lavamos os dentes, utilizar bolsas de tea para facer a compra,…

 

Reutilizar

Implica ser persoas creativas e darlle unha segunda oportunidade ás cousas. Unha idea: en lugar de tirar as camisetas vellas, podemos utilizalas como trapos para limpar.

 

Reparar

No canto de tirar un produto cando non funcione e comprar outro novo, tenta reparalo. Moitas veces, reparar é máis barato, e sempre será mellor para o medioambiente! Aforramos materias primas, enerxía e non xeramos residuos.

 

Renovar

Tratar de actualizar aqueles obxectos antigos para que volvan desenvolver a función para a que foron creados. Acordádesvos dos tocadiscos? Agora están moi de moda, e inventáronse en 1925!

 

Recuperar

Rescatar materiais xa usados para sometelos de novo a operacións industriais, é dicir, xerar enerxía a partir dos residuos non reciclables.

 

Reciclar

Empregar os residuos para convertelos en materia prima e fabricar outras cousas con eles. Por exemplo, unha botella de plástico pode chegar a ser unha camiseta ou un abrigo.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade