Atopa emprego este Nadal con Activa Social

Como dar de baixa o teu vehículo?
30 Novembro 2018
Combina participa no II Encontro Camiñando cara ao Emprego de Fundación Mulleres
4 Decembro 2018
 

Agasallos, reunións familiares, comidas e ceas, viaxes, lecer, lotaría... en Nadal debido ao aumento do consumo estacional, atopámonos cun incremento das ofertas de emprego.

Que perfís son os máis demandados?

Un ano máis os sectores que máis emprego xeran son o comercio, o transporte, loxística e hostalaría.

Nestas datas, ao aumentar o consumo nos fogares, vólvese necesario incorporar persoal, como caixeiras/os ou reponedores/as, na maioría dos supermercados.

Durante a campaña de Nadal, outros dos perfís máis solicitados corresponden ao sector transporte e loxística: empaquetadores/as, carretilleiras/os, mozas/os de almacén ou transportistas.

No sector comercio prevalecen as ofertas encamiñadas a cubrir os postos de dependente/a, promotor/a, azafato/a e perfís comerciais, orientados á atención ao cliente, non só de maneira física e presencial, senón tamén telefónica ou online, como asistentes de call center. Neste aspecto, o que máis se valora é o trato próximo e as dotes comunicativas.

Vantaxes de traballar en Nadal

A pesar de que a maioría dos contratos adoitan ser temporais, traballar en Nadal é unha gran oportunidade tanto para xerar ingresos extra, como para acumular experiencia e competencias profesionais.

Ao tratarse de empregos para cubrir picos de traballo, estes ofrecen horarios moi flexibles que permiten compaxinalos con outras ocupacións ou con estudos.

Así que, aproveita esta oportunidade! Descobre todas as ofertas que temos para ti a través da nosa web de emprego.

Este Nadal, traballa con Activa Social!

 

 

 

 

 

 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade