Buscar emprego en tempos de Coronavirus

Cores dos indicadores do teu coche. Significado.
6 Novembro 2019
Teletraballo: consellos, utilidades e información práctica
4 Abril 2020

Nestes días de illamento, non te deteñas. O último que debe ocorrer é que te desanimes. Tes que estar activa/o sempre, todo volverá á normalidade e non podes quedar atrás.

Non ceses na procura, pode aparecer unha oportunidade laboral en calquera momento. Cando as empresas se reactiven é posible que empecen procesos de selección antes do que imaxinas.

Define o teu propósito, metas e obxectivos

Este pode ser un grande momento para reinventarte. Dálle unha volta á dirección que tomaras e decide se queres seguir por aí. Toma tempo para pensar en que te queres converter.

Sobre todo, non debes ter medo a saír da túa zona de confort e explorar novas posibilidades.

Segue a formarte

Pasar máis tempo na casa é unha oportunidade perfecta para dedicalo á formación.

Actualizar coñecementos é moi importante para atopar un emprego e máis nestes momentos.

A aprendizaxe enriquecerache tanto no campo profesional como no persoal Non o esquezas!

Actualiza o teu CV

Un bo CV marca a diferenza. Aproveita e dálle un novo aspecto. Coida ao máximo cada detalle, a idea é captar a atención da persoa que o vaia a ler.

Non só o contido é importante, tamén o é a presentación. Un currículo orixinal e ben estruturado pode ser a clave para que seleccionen a túa  candidatura.

Dentro do noso blogue, atoparás algunhas claves que che axudarán a buscar emprego. Non o perdas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade