CALENDARIOS PARA UN 2019 XENIAL

Tipos de luces de coche e cando acendelas
9 Novembro 2018
Terrazas con boa planta
15 Novembro 2018
 

PLANS, ANOTACIÓNS E MOITAS IDEAS

Se es capaz de programar tres plans á mesma hora sen darte conta, esquéceste ata do teu aniversario e non lembras nin que ceaches onte... ti o que estás a pedir a berros son os calendarios 2019 de Artegalia!

Para todos os que no novo ano teñan un gran reto por diante, xa sexa xigantesco como subir unha montaña ou pequeniño como pechar a billa da auga mentres lavas os dentes, os calendarios de Artegalia lembraranche mes a mes que nada é imposible.

Ideais para marcar un evento importante, anotar a cita anual cos amigos do cole ou lembrar que tes que pasar polo súper sen falta, os calendarios 2019 chegan dispostos a facilitarche os días de xaneiro a decembro.

E é que este ano cho puxémoscho difícil. Modelos de todos os estilos estanche a esperar. Clásicos, imantados, en formato semanal e de día visto en grande e en pequeno, de aneis, con deseños personalizados para que saques o teu lado máis artístico...hai unha chea!

Este 2019 vas conseguir todo o que te propoñas. Os calendarios de Artegalia axudaranche a organizarte para que nada quede por facer. Se queres saber en que formatos están dispoñibles, non te despegues da pantalla porque te vas a namorar. Atende, que se pestaneas pérdelo:

En formato parede, para que o colgues na túa casa, no despacho ou no estudo e poidas botarlle unha ollada e saber sempre en que día vives. Ou ben, en formato de sobremesa para que che acompañe no escritorio do traballo xunto ao computador ou en calquera recuncho da túa casa.

 

 
 

Pódese pedir máis?

Quixemos sorprenderte e que teñas onde elixir, así que imaxinamos que terás algunha que outra dúbida á hora de decidir cal che gusta máis. Porque son todos como ti: estupendos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade