Carballo, cidade xardín

Partes da planta
12 Setembro 2019
Atopar o traballo que buscas
5 Novembro 2019

Dentro das cidades, contornas con demasiado consumo, demasiados residuos e demasiado cemento, os xardíns, as árbores, as terrazas, e mesmo unha simple maceta, achegan un toque de natureza, cumprindo funcións esenciais como producir osíxeno e absorber partículas contaminantes, aumentar a diversidade de especies animais e ofrecer un espazo para o descanso e o lecer. En resumo: calidade de vida.

Por iso, aínda que a cidade ofrécenos comodidade e moitas oportunidades, algo no noso interior goza en contacto coa natureza. O xardín é unha boa maneira de achegarnos, de participar e de recrear os procesos da vida, rodeándonos dun ambiente harmónico e tranquilo.

Pensando en verde

O concello de Carballo é un bo exemplo de compromiso na conservación e mellora da súa infraestrutura ecolóxica para que a natureza na cidade configure unha auténtica rede verde que beneficie a todas as persoas.

En colaboración con  Dixardín, centro especial de emprego que ofrece servizos integrais de xardinería e paisaxismo, apostan por impulsar un incremento de espazos verdes e un modo de xestionalos en favor da conservación e mellora da biodiversidade, do patrimonio natural e dun contacto máis rico da cidadanía coa natureza urbana.

Porque a idea dun xardín sostible vai máis aló do mero espazo verde: supón a posibilidade de realizar un cambio na maneira de facer as cousas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade