Claves para facer moi ben unha entrevista de traballo sen saír de casa

Estado de Alarma: 5 consellos para evitar avarías no coche por desuso
13 Abril 2020
As 7 Rs da economía circular
15 Abril 2020

O actual estado de alarma está a afectar ás nosas vidas de formas distintas. Tras as medidas adoptadas polo Covid-19, ferramentas dixitais como Skype ou Hangouts, ou a vía telefónica, axudan ás empresas nos seus procesos de selección.

Coida todos os detalles e, principalmente, prepárate para atender unha chamada que pode chegar en calquera momento. Debes aproveitar este primeiro contacto para que a persoa entrevistadora saiba que atopou a mellor candidatura. Sabes como conseguilo? Pon atención a estes consellos!:

 

  • Entrevista telefónica

 

Non fales en lugares de moito ruído: busca un lugar tranquilo para poder atender correctamente o teléfono.

A túa voz é a túa imaxe: debe soar tranquila, segura e optimista. Sorrir durante a conversación dá moi boas sensacións ao oínte, aínda que non che vexan.

Mostrarte tal e como es: o erro é tentar dar unha imaxe diferente á que un ten.

Evita dar demasiados rodeos: trata de responder brevemente e de forma concisa.

Evita os lapsus: virache ben ter o CV a man, xunto a papel e bolígrafo para ir tomando notas. Se é posible ten aberta a páxina web da empresa para responder de maneira máis precisa con datos concretos.

 

  • Entrevista por vídeoconferencia

 

Coida a vestimenta e a postura corporal: debes coidar os xestos e a elección da túa roupa, trátase dun contexto profesional.

Prepara o decorado e usa unha boa iluminación: para ofrecer unha experiencia visual positiva.

Ofrece unha boa experiencia auditiva: afástate dos ruídos, comproba que o teu micrófono funciona á perfección e asegúrate de que a conexión a Internet non che dará problemas.

 

Se coidas estes detalles e tentas mostrar a túa mellor actitude, terás moito ganado!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade