Combina participa no II Encontro Camiñando cara ao Emprego de Fundación Mulleres

Atopa emprego este Nadal con Activa Social
4 Decembro 2018
Como aforrar material na oficina
19 Decembro 2018
 
  • Esta nova edición intégrase no marco do proxecto Empoderamento e Igualdade para o Emprego financiado pola Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade.
  • Marta García Quijada, como portavoz de Combina, deu a coñecer as claves nos procesos de selección e informou sobre recursos e programas de apoio á insercción laboral de mulleres.

 

O pasado venres 30 de novembro celebrouse na Coruña o II Encontro con empresas Camiñando cara ao Emprego, de Fundación Mulleres, un espazo de contacto directo entre mulleres que buscan emprego e empresas/entidades empregadoras.

O obxectivo desta cita non só é un punto de encontro entre empresas e institucións e as mulleres que buscan traballo, senón que ofrece a estas un marco único para a procura activa de emprego e a aquelas unha ferramenta de selección excepcional.

Ademais de deixar o currículo, quenes se achegaron ao encontro puideron asistir a presentacións, coloquios e talleres relacionados coa incorporación ao mercado laboral das mulleres, sobre como presentar as habilidades e competencias nunha entrevista de traballo e a importancia da formación para o emprego, entre outros temas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade