Combina Social, no encontro “Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias”

5 maneiras de aforrar calefacción na oficina
15 Xaneiro 2019
UN PLANIFICADOR SEMANAL PARA FACER REALIDADE O TEU PRIMEIRO PROPÓSITO PARA 2019: COMER MELLOR
22 Xaneiro 2019

Ángel Pampín Varela: “as/os profesionais relacionadas/os coa Economía Colaborativa serán postos clave no futuro”

 

A Economía Colaborativa terá un gran impacto nas empresas e nas próximas xeracións. Sobre todo, grazas á irrupción das novas tecnoloxías da información. Está a producirse o paso dunha economía organizada de forma vertical a un modelo horizontal, segundo afirmou o pasado 17 de xaneiro, xoves, o xerente de Combina Social, Ángel Pampín Varela.

Ángel fixo esta manifestación durante a súa intervención na mesa de traballo do proxecto “Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias”, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con FEUGA, que pretende realizar unha análise prospectiva e de tendencias con impacto no emprego de Galicia.

Tras sinalar que “as/os profesionais da ciberseguridade serán un dos perfís que máis necesiten as organizacións nos próximos anos”, o xerente de Combina Social engadiu que “a ciberseguridade está cada vez máis estendida no noso día a día e ten cada vez un maior auxe en todos os sectores profesionais e mesmo no ámbito persoal”.

Na súa opinión, “a transformación cara ao dixital é imparable, xurdirán carencias que necesitarán respostas rápidas e unicamente quen estea preparada/o poderá facerlles fronte. Por iso, a perseveranza e continua actualización é fundamental”, asegura.

Doutra banda, “as/os profesionais con capacidades de análise Big Data tomarán gran relevancia nun futuro próximo, de feito, xa se converteron nun dos perfís máis demandados polas principais compañías a nivel mundial”, sinala. “Quen domine a interpretación do dato será quen alcance o éxito na era dixital”.

Ao longo da xornada, representantes empresariais e entidades compartiron a súa experiencia e analizaron os factores de cambio e tendencias globais que impactarán no emprego así como as novas competencias que o mercado demandará ás/os profesionais do futuro, para alcanzar a modernización da economía, a competitividade e o progreso social en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade