Como aforrar material na oficina

Combina participa no II Encontro Camiñando cara ao Emprego de Fundación Mulleres
4 Decembro 2018
5 maneiras de aforrar calefacción na oficina
15 Xaneiro 2019
 

Se os gastos da túa oficina dispáranse mes a mes, é momento de buscar solucións. Pasamos a maior parte do día no traballo e, ás veces, cando non se paga téndese a malgastar. Tomando sinxelas medidas, podes aforrar na oficina. En Coregal dámosche os tips que necesitas.

Un dos gastos nos que se pode realizar un gran aforro é o material de oficina. Como non caduca, podes comprar en grandes cantidades, xa que sairá moito máis alcanzable. Tenta organizarte para realizar só dúas compras grandes de material no ano. Negocia, busca prezos por internet e queda con quen che ofreza as mellores condicións.

En canto aos cartuchos de tinta e tóner, opta polas reciclaxes. Custan entre un 30 e un 70% menos que os normais e axudan a preservar os recursos naturais e diminúen a xeración de residuos.

Papel, plásticos e consumibles van parar cada día ás papeleiras da oficina. Dispor de colectores ou puntos limpos adecuados (pilas, cartuchos de impresora) é tamén unha forma de concienciar a todas as persoas traballadoras. Un punto de papel favorece tamén a súa reutilización.

Descobre o potencial da túa empresa!

 

 

 

 

 

 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade