Como dar de baixa o teu vehículo?

Unha aposta pola reciclaxe
16 Novembro 2018
Atopa emprego este Nadal con Activa Social
4 Decembro 2018
 

No momento de comprar un coche todos sabemos o que facer: buscar o que mellor se adapta ás nosas necesidades, gustos e peto ata dar coa mellor opción.  Pero para o proceso contrario non o temos tan claro. Por iso preguntámonos, sabes como dar de baixa un vehículo?

É un aspecto importante porque, en España, a idade dos vehículos alcanza xa unha media de 12 anos co que ten isto de impacto negativo para a seguridade viaria e o medio ambiente.

Hai que ter en conta que non só existe a posibilidade de dar de baixa un vehículo definitivamente, tamén existe a alternativa de baixa temporal. Ambas teñen consecuencias e trámites moi diferentes. Sobre todo porque abandonar un vehículo sen dalo de baixa ten multa entre 600 e 600.000 euros.

Entón... cal é a mellor opción?

Segue lendo!

Baixa temporal

A baixa temporal adoita darse cando houbo un roubo do coche pero tamén por outros motivos, como un traslado ao estranxeiro ou por non facer fronte aos gastos asociados ao vehículo, como o seguro.

En calquera caso, unha vez confirmada a baixa temporal, o coche non se pode mover, nin quedar estacionado na vía pública, até regularizar a súa situación cando se vaia a dar de alta de novo.

Mentres un coche estea dado de baixa temporalmente, non será necesario ter a ITV en regra nin pagar impostos de circulación. O único que hai que presentar é:

  • Impreso oficial: facilitado nos despezamentos (CAT) e  nas Xefaturas de Tráfico.
  • Identificación: NIF, en xeral ou o documento de identificación que corresponda.
  • Permiso de circulación e cartón da ITV.

Debes saber que non hai un tempo determinado para volver circular cun coche que foi dado de baixa temporal. Só tes que mentalizarte de que, se durante ese tempo móveste co vehículo, exposte a unha multa de até 500 euros.

Baixa definitiva

A baixa definitiva dun vehículo só se pode presentar nos despezamentos. As únicas excepcións que poden tramitarse na Xefatura de Tráfico son os vehículos históricos, con valor de colección ou os destinados a museos.

Para os vehículos máis comúns (turismos e furgonetas principalmente), o despezamento debe proceder á destrución do vehículo e emitirá o certificado de destrución para ese efecto. Ao facer todo o proceso a través do CAT non é necesario abonar ningunha taxa para a baixa definitiva do vehículo.

No caso de traslado a outro país, é necesario presentar unha declaración responsable na que conste que o vehículo non é un residuo. É posible realizar o trámite desde o estranxeiro e non ten custo algún sempre que o vehículo teña unha antigüidade maior a 15 anos desde a súa matriculación en España. En caso contrario, aplícase a tarifa de 8,40 euros.

Como sabemos que o teu tempo é moi valioso, Trameve asegúrache unha tramitación áxil e sinxela para que non teñas que preocuparte por nada. Na nosa web podes consultar os detalles deste servizo ou asesorarte por teléfono cando ti queiras.

 

Agora que xa sabes como dar de baixa o teu coche? que prefires? Aparcalo ou despezalo? Ti elixes!

 

 

 

 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade