Como desinfectar o teu coche do Covid-19 de forma segura

Como funcionan as empresas de traballo temporal
30 Abril 2020
Día Mundial da reciclaxe: todas e todos o facemos posible
17 Maio 2020

En estado de alarma polo coronavirus, só podes utilizar o coche en casos excepcionais. Pero se non che queda máis remedio que coller o teu vehículo, deberás limpalo antes e despois de cada uso de maneira meticulosa.

Segue estes consellos para evitar contaxios:

 

As superficies máis vulnerables ao coronavirus

A regra principal é minimizar ou evitar o contacto coas persoas, os obxectos e as superficies, pero se tes que facer un desprazamento, é imposible non tocar moitos dos elementos do coche para levar a cabo a condución de maneira segura.

Lembra que, salvo excepcións, debes ir só ti no vehículo, e sempre tratando de protexerte o máximo posible. Á hora de limpar o interior do coche para evitar o contaxio de coronavirus, desinfecta ben todas as superficies que toques antes e despois da viaxe.

O volante, a panca de cambios, cinto, portas, a radio ou pantalla táctil son algunhas das máis utilizadas e, por tanto, as de maior risco.

 

Como limpar o interior do coche

Podes utilizar unha ampla variedade de produtos para levar a cabo a limpeza da tapicería e do interior do coche sen danar os materiais menos resistentes. Algúns dos produtos máis recomendables para desinfectar o teu vehículo do coronavirus son:

  • Auga e xabón en cantidades razoables
  • Produtos que conteñan, polo menos, un 70% de alcohol.
  • Produtos comerciais específicos para limpar o interior do coche.
  • Sprays desinfectantes específicos para o aire acondicionado (despois de usalo ventila o habitáculo)

 

Con estes sinxelos consellos previrás o contaxio do coronavirus ao utilizar o teu vehículo. E lembra, ao finalizar lava as mans, cámbiate de roupa e limpa a que usaches!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade