Como lograr unha condución eficiente?

As persoas, primeiro
16 Maio 2019
Prepara o teu coche para rodar estas vacacións
10 Xuño 2019

Contaminar menos está na túa man. Contámosche como facelo

 

Así como hoxe en día non se che ocorre tirar a bolsa de lixo de refugallos orgánicos ao colector do plástico, tampouco debe parecerche normal o circular sen ter en conta as emisións de CO2 que o teu vehículo expulsa ao exterior.

A forma que tes de conducir inflúe moito nas emisións contaminantes que expulsa o teu vehículo e non só iso, tamén pode determinar o seu consumo e a rapidez coa que se deteriora.

É por iso que, cunha serie de sinxelos pasos, podes contribuír a reducir os niveis de contaminación e xa de paso, diminúes as visitas á gasolineira.

 

Mantén o teu vehículo sempre a punto. O mantemento periódico da presión dos neumáticos, os filtros ou o motor son cruciais para controlar as emisións contaminantes do teu vehículo. Cando cheguen ao final da súa vida útil utiliza recambios Trameve.

Marchas longas. Ao arrincar, trata de pasar a segunda canto antes e circula, sempre que sexa posible, coas marchas longas. Consómese menos e emítense menos gases contaminantes. Apaga o motor se está máis dun minuto parado. Adoita ocorrer cando vas recoller a alguén, cando vas facer un recado ou por cuestións de tráfico. Se o vehículo queda detido durante máis dun minuto, débese apagar o motor.

Conduce suave. As freadas, aceleróns e cambios bruscos na velocidade contribúen a un maior consumo de combustible, máis emisións e a un desgaste evitable dos elementos que conforman o coche. Anticípate ao cambio de circunstancias na vía para poder adaptarte a elas con suavidade e respecta sempre a distancia de seguridade co resto de usuarios da vía.

Ollo coa climatización. Mantén a temperatura do vehículo entre os 21 e os 23º C se utilizas o aire acondicionado xa que incide directamente nos niveis de consumo de carburante. Algo tan simple como viaxar cos portelos subidos para mellorar a aerodinámica do vehículo supón un hábito de condución eficiente.

Leva o indispensable no coche. Se tes o maleteiro repleto de cousas que nunca utilizas, fai limpeza: cada quilo extra supón un aumento do consumo e, por tanto, das emisións. Optimiza a colocación de equipaxe equilibrando as cargas.

 

Segue estes consellos de condución eficiente cos que lle fas un favor ao planeta, mantés o teu vehículo en mellores condicións durante máis tempo e reduces o teu gasto de combustible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade