Como podo facer chegar o meu currículo a Activa Social?

Un servizo preto de ti
8 Novembro 2018
Tipos de luces de coche e cando acendelas
9 Novembro 2018
 
 
 

Activa Social Ett

En Activa Social cremos na igualdade, e en darlle unha oportunidade laboral a todas as persoas. Porque o que realmente importa é o talento, se tes algunha discapacidade e estás a buscar emprego, convidámosche a que nos envíes o teu CV.

Traballa connosco

Que buscamos?

Activa Social Ett ofrece solucións de contratación temporal ás empresas de Galicia que buscan integrar nos seus cadros de persoal persoas con discapacidade. Se tes un grao de discapacidade certificada e queres traballar, envíanos o teu CV e comeza a mostrar todas as capacidades que tes.

Que che podemos ofrecer?

Con Activa Social poderás crecer e desenvolver o teu potencial. Facilitamos a túa incorporación ao mercado laboral.

Ofrecémosche asesoramento durante todo o proceso de selección para que poidas chegar máis lonxe.

Garantimos a túa idoneidade para o posto a través de probas de selección adaptadas aos requisitos do emprego.

Queres empezar?

Para formar parte de Activa Social, só debes seguir os seguintes pasos:

  1. Consulta as ofertas dispoñibles na nosa web e selecciona aquelas que che interesen. Envíanos un mail a info@activasocial.gal e déixanos os teus CV, a carta de presentación e os documentos que estimes oportunos.
  2. Se encaixas no perfil, contactarémosche para realizar unha proba de selección adaptada ás necesidades do posto.
  3. De superalas, terás unha entrevista persoal coa empresa.
  4. E de ter éxito dille ola á túa nova oportunidade laboral!

O importante son as túas capacidades

Envíanos os teus CV

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade