Cómo preparar un currículo por funcións?

Por un Entroido máis económico, orixinal e respectuoso co medioambiente: di si aos disfraces caseiros
5 Marzo 2019
A inclusión laboral, unha estratexia para o crecemento empresarial
29 Marzo 2019

No momento de elaborar o teu currículo para a procura de emprego, debes saber que existen multitude de formatos posibles. Por iso, coñecer os beneficios que ofrece cada modelo é fundamental para tomar unha decisión acertada.

Se o teu fin principal é destacar as túas capacidades e habilidades, non o dubides, debes preparar un currículo por funcións ou temático.

Descobre as vantaxes do currículo funcional!

  • Ofrece unha gran liberdade para organizar e expoñer toda a información.
  • É perfecto para persoas con cambios frecuentes de traballo ou con longos períodos de desemprego.
  • É moi recomendable para aquelas persoas que buscan o seu primeiro emprego e contan cunha gran formación e outras experiencias, por exemplo, as estadías no estranxeiro, voluntariados…

Ten en conta que, independentemente do formato de currículo que utilices, debes adaptalo ás particularidades de cada oferta ou perfil profesional.

E agora que xa sabes como facelo, gustaríache adaptar o teu currículo por funcións?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade