Como protexer a túa empresa fronte ao covid-19

Día Mundial da reciclaxe: todas e todos o facemos posible
17 Maio 2020
Evita avarías do coche con estes consellos de mantemento post confinamento
20 Maio 2020

No plan de transición cara á denominada “nova normalidade” seguramente a túa empresa retomará a actividade. Deixámosche unha guía práctica coas medidas de prevención que debes tomar para protexer a túa empresa do Covid-19.

Explicámosche como debes actuar nos centros de traballo e resolvemos todas as túas dúbidas! Toma nota!

Boas prácticas

No centro de traballo

  • As tarefas e procesos laborais deberán planificarse para que as persoas traballadoras poidan manter a distancia interpersoal de 2 metros, mesmo nas zonas comúns.
  • Evitar actividades que impliquen aglomeracións.
  • Organizar a entrada ao traballo de forma graduada.
  • Os establecementos abertos ao público deberán minimizar o contacto entre persoas traballadoras e clientes.
  • Graduar os horarios se o espazo de traballo non permite manter a distancia interpersoal.
  • Facilitar o teletraballo e as reunións por teléfono ou videoconferencia.
  • Evitar desprazamentos de traballo non esenciais.

Medidas organizativas

  • Informarase o persoal das recomendacións sanitarias que deben seguirse.
  • Prover ao persoal dos produtos de hixiene necesarios para cada actividade concreta.
  • Reforzar as tarefas de limpeza, especialmente naquelas superficies de contacto frecuente.
  • Proporcionar ao persoal o material de protección necesario que indique o servizo de prevención.
  • Adoptar medidas específicas para minimizar o risco de transmisión.

Medidas de hixiene no centro de traballo

  • Limpar a área de traballo en cada cambio de quenda
  • Asegurar unha correcta protección do persoal encargado da limpeza.
  • Todas as tarefas deben realizarse con máscara e luvas dun só uso.
  • Os uniformes ou roupa de traballo serán embolsados e pechados e realizarase un lavado entre 60 e 90 graos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade