Consellos para buscar emprego

10 ideas para que as crianzas coiden o medio ambiente
28 Xaneiro 2019
Que é un CEE?
1 Febreiro 2019
 
Os procesos de selección poden resultar difíciles se non sabes como afrontalos.
Por iso, as persoas profesionais de Activa Social danche unha serie de consellos para que logres mostrar o mellor de ti.

 

Consellos para buscar emprego

Únete a Activa Social, é fácil e sinxelo! Vaiche a permitir que che avisemos cando teñamos ofertas que encaixan cos teus intereses. Lembra: Mantén os teus datos de contacto actualizados!

 

Currículo Vitae

Podes enviarnos o teu CV en calquera momento. Aconsellámosche que o fagas e, aínda que non é obrigatorio, é unha boa maneira de que che coñezamos mellor. Animámosche a que poñas unha foto!

Un erro que se repite de maneira frecuente é non estruturar ben a información. Aconsellámosche que empregues unha letra lexible, ordenes os contidos de forma cronolóxica e evites cores de fondo fortes e os formatos de columnas con contidos pouco relevantes.

Carta de presentación

Non é obrigatorio que achegues carta de presentación a non ser que a oferta así o especifique. Lembra que a carta non debe duplicar a información do CV. É un lugar no que podes aclarar información relacionada: por que che interesa traballar en Activa Social, onde queres traballar, se xa tiveches algunha entrevista connosco, etc.

Entrevista presencial

Todo o que nos digas e vexamos diranos como es: Coida os detalles!

  • Se puntual. Se por algún motivo non podes acudir ou ves que chegarás tarde, é moi importante avisar. Dende Activa Social darémosche un contacto para informar.
  • Pregúntanos. Queremos escoitarche e aclarar as túas dúbidas. Cando saias da entrevista é importante que teñas información do proceso, de como continúa e como recibirás comunicación do resultado da entrevista.

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade