Día Mundial da reciclaxe: todas e todos o facemos posible

Como desinfectar o teu coche do Covid-19 de forma segura
30 Abril 2020
Como protexer a túa empresa fronte ao covid-19
19 Maio 2020

Hoxe celebramos o Día Mundial da Reciclaxe e por iso queremos mostrarvos como ao reciclar aforramos enerxía, auga e materia prima ao transformar, por exemplo, 30 botellas de plástico nuns vaqueiros.

O roteiro que fai un envase desde que se fabrica ata que volve ao mercado convertido nun produto completamente distinto é fascinante e nel interveñen unha chea de persoas, incluídos todas e todos nós.

As e os cidadáns iniciamos o proceso de reciclaxe cando depositamos o envase usado no colector correspondente e pechámolo cando compramos no supermercado un produto feito con materiais reciclados.

Un exemplo para entendelo:

Lorena e Carlos preparaban unha festa polo aniversario dela así que foron ao supermercado para comprar cousas de picar e botellas de refrescos.

Elixiron os envases que tiñan un símbolo verde, que indica que os materiais son reciclables.

Ao día seguinte da súa festa depositaron as botellas de plástico, latas e briks no colector amarelo e os envases de papel e cartón no azul.

Os camións de Coregal recolleron as botellas xunto ao resto de envases do colector amarelo e leváronos á planta de selección onde os clasificaron en función das calidades e o tipo de material.

Despois de pasar pola planta de reciclaxe unha firma de moda converteu estas botellas nin máis nin menos que nos vaqueiros que Carlos vai regalar a Lorena o próximo ano polo seu aniversario!

Con isto péchase o ciclo do envase, promovendo o coidado do medio ambiente, evitando que terminen en entulleiras, sen ningunha utilidade e cun impacto ecolóxico negativo e dándolles unha nova vida.

Así de importante é a reciclaxe. Protexer o medio ambiente implica reducir o uso que facemos dos recursos naturais e limitar o noso consumo.

Parabéns a todas as persoas que facedes posible a reciclaxe, hoxe é o voso día.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade