Dixardín leva a biodiversidade, a reciclaxe e a economía circular a centros educativos de Ames.

A inclusión laboral, unha estratexia para o crecemento empresarial
29 Marzo 2019
As persoas, primeiro
16 Maio 2019

Dixardín recolle restos orgánicos de comedores de centros escolares de Ames para facer compost

Hai case dous meses que o centro especial de emprego Dixardín é o encargado de recoller os restos orgánicos xerados nas cociñas dos comedores dos colexios C.E.I.P do Agro do Muíño e E.E.I Milladoiro do concello de Ames e trasladalos ao viveiro municipal.

A finalidade deste proceso é para facer compost con estes refugallos orgánicos, unha maneira de coidar o medio ambiente e ao mesmo tempo de tratar de facer abono orgánico para ser empregado nas zonas verdes do concello amiense.

O viveiro conta con 6 recipientes de compost con 800 litros de capacidade que se irán enchendo os luns, mércores e venres, os días de recollida dos restos orgánicos das cociñas e tamén dos restos vexetais procedentes da poda e que serán triturados para o seu tratamento.

En catro días, a rede de comedores escolares municipais, que a diario dispensa 1.300 menús,  xerou xa 260 quilos de restos de comida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade