Economía circular

Formación técnica en Trameve
19 Xuño 2019
A reciclaxe empeza na mente
15 Xullo 2019

A economía circular é unha palabra en auxe. Investigadores, emprendedores, administracións públicas ou empresas incluírona no seu vocabulario diario, pero de que se trata?

A Real Academia da Lingua aínda non conta cunha definición propia para este concepto. Con todo, a Fundación para a Economía Circular refírese a ela como unha estratexia que ten como obxectivo “a produción de bens e servizos á vez que reduce o consumo e o desperdicio de materias primas, auga e fontes de enerxía”.

En definitiva, trátase do cambio cara a unha economía eficiente no uso dos recursos. A alternativa ao actual modelo de produción e consumo.

Isto é así porque todos os procesos de fabricación de bens ou servizos implican un custo ambiental, non só á hora de producir o ben, senón tamén unha vez que acaba o seu ciclo de vida. Para minimizalo, a economía circular avoga pola optimización dos materiais e residuos, alongando a súa vida útil.

Deste xeito fóxese do actual sistema lineal de ‘usar e tirar’ e se aposta por outro baseado na prevención, a reutilización, reparación e reciclaxe que permiten dotar aos materiais dunha segunda vida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade