Evita avarías do coche con estes consellos de mantemento post confinamento

Como protexer a túa empresa fronte ao covid-19
19 Maio 2020
“O que máis me gusta é falar coa xente”. Entrevista a Emily Rodríguez, traballadora de Combina Social.
27 Maio 2020

Tras prolongarse o estado de alarma por coronavirus, son moitas as persoas que terán o coche parado na rúa ou nos seus garaxes. Do mesmo xeito que o noso vehículo estrágase por desgaste, tamén o fai pola falta de uso e o paso do tempo.

Tomases ou non medidas preventivas para evitar avarías no coche durante a corentena, hoxe imos repasar algúns consellos básicos de mantemento que deberías facerlle ao teu vehículo antes de volver arrincalo tras o confinamento.

Inviste un pouco de tempo e enerxía para non ter que ir ao taller!

Se tiveches o coche parado máis dun mes…

Máis aló da limpeza, estes son algúns dos compoñentes que debes revisar se o teu coche estivo en desuso un período de tempo prolongado:

Os pneumáticos. Revisa que a presión dos pneumáticos sexa a adecuada, así como que estes non se deformaron por falta de uso.

A batería. Se non a desconectaches antes de que empezase o estado de alerta por COVID-19 nin arrincaches o coche estes días, é posible que a batería se descargara e o coche non arranque. Ten as pinzas a man ou chama a asistencia na estrada para arrincalo de novo.

As luces. Antes de poñerte en marcha, asegúrate de que todas as luces do teu coche funcionan correctamente.

Aceite, refrixerante e freos. Comproba que o nivel de refrixerante, aceite e o líquido de freos é o correcto.

Filtro do climatizador. A falta de uso pode provocar obstrucións e a sucidade malos cheiros ou humidades.

Mantén o coche uns minutos ao ralentí. Faino sen acelerar, simplemente que o coche estea arrincado, desta forma todos e cada un dos sistemas poñeranse en funcionamento e se engrasarán.

Comproba a configuración de compoñentes electrónicos. Se desconectaches a batería durante a corentena, é posible que se desconfigurasen o reloxo, as emisoras gardadas ou os elevalunas eléctricos, entre outras cousas.

Se segues estes trucos de mantemento evitarás avarías e o teu coche volverá estar a punto tras a corentena por coronavirus!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade