Formación técnica en Trameve

Prepara o teu coche para rodar estas vacacións
10 Xuño 2019
Economía circular
27 Xuño 2019

A nosa misión non ten fin e por iso seguimos mellorando cada día.

En Trameve consideramos a formación como unha oportunidade de realizar un servizo de calidade aos nosos clientes. Só o mellor talento garante o mellor servizo posible. Investimos en formación e métodos de traballo para asegurar que todas e cada unha das nosas pezas de recambio para vehículos presenten a máxima calidade e estean á altura das esixencias que nos fixamos e que nos empeñamos por superar.

Comprometémonos coa calidade aplicando procesos exhaustivos e contando con persoas profesionais, capaces e entregadas. Cada peza sométese a miles de verificacións para garantir uns niveis excepcionais de seguridade, rendemento e estrutura.

Para axudar a todo o mundo que traballa en  Trameve a aprender e comprender mellor a calidade, ofrecemos todos os coñecementos e habilidades técnicas ás persoas que forman parte do equipo, tanto para aquelas que empezan como para aquelas que levan máis tempo na empresa.

Esforzámonos por crear unha empresa coas mellores persoas e proporcionarlles as ferramentas necesarias compartindo o noso coñecemento de maneira que beneficie a todas as persoas, a sociedade e ao planeta.

Vaiamos xuntos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade