O valor da inclusión das persoas con discapacidade

Innovación antes, durante e despois do coronavirus: a revolución dos coidados
17 Abril 2020
Recomendacións de ciberseguridade durante o coronavirus (COVID-19)
22 Abril 2020

Un dos retos máis importantes que o conxunto da sociedade debe afrontar é precisamente o da inclusión laboral de todas as persoas que a conforman.

O obxectivo: contribuír á implantación da Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible mediante o desenvolvemento da Responsabilidade Social das empresas para favorecer a igualdade de oportunidades para todas as persoas, especialmente das persoas con discapacidade.

 

Destacamos 4 motivos de peso polos cales as empresas deberían ter moi en conta estas posibilidades de contratación:

Enriquece a contorna laboral

Apostar por políticas inclusivas, onde todas as persoas sumen, mellora a contorna laboral, a toma de decisións, o traballo en equipo e a xeración de valor compartido como organización.

Impacto positivo na reputación

Ademáis de resultar máis atractiva para traballar achega un valor diferencial no mercado.

Incentivos á contratación

Ser unha empresa inclusiva coas persoas con discapacidade supón beneficios fiscais, que van desde as bonificacións anuais pola contratación ás axudas específicas pola adaptación de contornas de traballo.

Cumprimento lexislativo

As empresas non só teñen a posibilidade de cumprir a normativa de contratación de persoas con discapacidade, senón que poden desenvolver unha liña estratéxica de RSC sobre discapacidade e avanzar como empresa socialmente responsable.

 

Dende Combina Social traballamos ao carón das empresas para impulsar a súa aposta pola responsabilidade social, especialmente no relativo á inclusión, diversidade e igualdade de oportunidades.

A diversidade é un aspecto clave na xestión de persoas, que achega un importante valor tanto na empresa, como na atracción de talento. E tamén coñecemos os retos que afrontan todas as compañías no seu camiño á inclusión e o importante que é a sensibilización e a normalización, antes durante e despois dos procesos de inclusión.

Por iso, para conseguir que a diversidade sexa o valor que sume dentro e fóra da empresa, é necesario o apoio, coñecemento e compromiso para impulsar a transformación inclusiva da túa empresa.

E recorda que as empresas teñen ao seu alcance unha medida máis para contribuír a transformar a sociedade e favorecer a verdadeira inclusión e participación das persoas con discapacidade, destinando o 0,7% da cota íntegra do Imposto de Sociedades a actividades  consideradas de interese social, a coñecida como X Solidaria empresarial.

Descobre como podemos axudarche en Combina Social.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade