Outsourcing, coñeces o seu significado?

Terrazas con boa planta
15 Novembro 2018
Unha aposta pola reciclaxe
16 Novembro 2018
 

 

Se a túa resposta é negativa, estás no sitio correcto. Cando remates de ler este post seguro que coñeces mellor o significado de outsourcing, as súas características e para que serve.

O Outsourcing é o proceso mediante o cal unha empresa contrata a outra para realizar un determinado servizo que non pode facer por si mesma ou que prefire externalizar e así poder centrarse ao 100% na súa actividade principal.

O mercado laboral transfórmase constantemente e o outsourcing é parte da súa evolución natural. A necesidade de ser máis competitivos e globais axudou á súa implementación. Cada vez son máis os que optan por el e cada vez máis empresas descobren as súas vantaxes.

Cales son as vantaxes do outsourcing?

1 Maior produtividade. Ao externalizar todo o que non forma parte do core business da empresa os esforzos concéntranse nas funcións claves do negocio.

2 Redución de custos. Para a compañía o outsourcing supón un aforro en instalacións, equipos e infraestruturas.

3 Atraer e reter talento. Unhas condicións de traballo máis flexibles supoñen un aspecto a favor para mellorar a competitividade da túa empresa á hora de captar profesionais mellor cualificados.

Estás a pensar en implantar esta práctica na túa empresa?

En Combina Social queremos facilitarche o camiño cara ao éxito. Somos conscientes de que para chegar lonxe nun proxecto, é fundamental rodearse de bos compañeiros de viaxe.

Sexa cal for o teu sector, tipo de empresa, tamaño ou zona de influencia, podes confiar en nós para externalizar os teus servizos auxiliares. Se che xorde algunha dúbida ou queres saber máis sobre os servizos que ofrece Combina para o teu negocio, está todo aquí.

Crecemos contigo.

 

 

 

 

 

 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade