Por que un horto de biodiversidade?

Servizos outsourcing: industriais e loxísticos
5 Setembro 2019
Partes da planta
12 Setembro 2019

Cultivar o noso propio horto supón unha marabillosa aventura.

En realidade non se require de moito espazo, nin moito tempo, só necesitamos ilusión e ganas de gozar vendo “crecer o noso traballo”.

O sol, a terra cos seus microorganismos e bichitos, xunto coas sementes e a auga, farán a maior parte do traballo. Grazas a todos estes ingredientes e aos nosos labores, veremos desenvolverse e crecer as plantas no noso horto!

Beneficios dun horto ecolóxico.

Respecto ao medio ambiente. Non se contamina o chan, nin o aire nin a auga ao non usar fitosanitarios de síntese química.

Respecto á saúde. Obtención de alimentos sans sen químicos que repercutan negativamente na saúde.

Que plantas podemos ter no noso horto?

No noso horto podemos cultivar diferentes variedades de hortalizas, froitas e cereais. As plantas que mellor poden crecer no noso territorio, e desta maneira darnos gran cantidade de froitos, son as variedades agrícolas tradicionais, aquelas que se cultivaron durante xeracións nos nosos pobos a través dun proceso de selección por parte das agricultoras e agricultores. Estas variedades sobreviviron ao paso do tempo a base de traspasar as sementes de nais e pais a fillas/os.

O que quizais non sabes é que moitas destas variedades están en perigo de extinción e se non nos preocupamos por elas e non as cultivamos nos nosos hortos, gran cantidade de están plantas desaparecerán e extinguiranse… anímaste a salvar estas plantas?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade