Por que un xardín sostible?

Servizos outsourcing: solucións de recepción
5 Novembro 2019
Todas e todos podemos crear un xardín sostible!
6 Novembro 2019

Nunha sociedade dirixida polo “curto prazo”, a idea da sustentabilidade convídanos a mirar máis aló do noso simple benestar ou beneficio persoal. Unha actitude sostible pódese aplicar en moitos aspectos da vida cotiá e, por suposto, ao realizar o noso xardín ou conseguir unhas plantas para a nosa terraza.

Pero que diferenza a un xardín convencional dun sostible?

O xardín convencional crea unha estética agradable, pero non sempre planifica o aforro de recursos, non ten en conta a adaptación das plantas ao medio e tampouco considera a posibilidade de usar e producir produtos reciclables.

Pola contra, o xardín sostible crea beleza adaptándose ás condicións naturais da zona, sen desperdiciar preciosos recursos e respectando a contorna, tentando sempre producir e usar produtos reciclables e naturais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade