Por un Entroido máis económico, orixinal e respectuoso co medioambiente: di si aos disfraces caseiros

Consellos para aforrar auga
18 Febreiro 2019
Cómo preparar un currículo por funcións?
29 Marzo 2019

 

Nalgúns puntos de Galicia o Entroido leva celebrándose dende hai semanas. Noutros, hoxe arrinca a festa máis alegre e colorida do ano. E aínda que despois do Nadal e da costa de xaneiro poida que o orzamento sexa máis reducido do que nos gustaría, é posible aforrar en Entroido e brillar con luz propia investindo moi pouco e contribuíndo ao coidado do medioambiente. Como? Botándolle imaxinación e elaborando os teus propios disfraces caseiros.

Sen dúbida, a orixinalidade será maior se apostas polo  do it  yourself ( DIY). Neste artigo Coregal dáche as claves para confeccionar o teu propio disfrace.

Bótalle imaxinación

Se este Entroido queres lucir orixinal sen complicarte nin investir máis tempo do que dispós, aposta por un disfrace caseiro e coida do planeta. Neste sentido, internet faio moi sinxelo poñendo ao alcance da túa man unha infinidade de  titoriais e consellos. As redes sociais como Pinterest poderán ser de gran inspiración.

E ti, xa tes pensado o teu disfrace? Sexa cal for, non esquezas o máis importante: recicla e goza do Entroido!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade