Prepara o teu coche para rodar estas vacacións

Como lograr unha condución eficiente?
16 Maio 2019
Formación técnica en Trameve
19 Xuño 2019

Sol, verán… e vacacións! Toca planificar que meter na maleta e coidar todos os detalles, pero… mimas por igual o teu coche? Con estes consellos poderás evitar avarías nas túas vacacións e anticiparte a calquera susto. Apunta, que arrincamos!

 

Estado das rodas

No verán cargamos un pouco máis o noso coche, por iso os neumáticos deben ter a presión recomendada e evitar peso extra levando máis cousas das necesarias.

Motor

Comproba o bo estado dos pedais, o líquido de freos, o refrixerante ou o nivel de aceite antes de saír a sumar quilómetros.

Luces

Regular correctamente a altura dos teus faros é fundamental para conducir en momentos nos que a luz escasea na estrada.

 

Unha visita a  Trameve para revisar aqueles elementos máis complicados

 

O desgaste, a rotura e a  corrosión requiren un mantemento regular do vehículo e finalmente a substitución das pezas danadas. Dende Trameve queremos axudarche cando  iso ocorra. Se precisas encargar recambios de calidade para o teu vehículo consulta o noso catálogo. É unha boa alternativa para evitar sustos innecesarios ante unha viaxe máis longa do habitual.

 

Goza das vacacións!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade