Terrazas con boa planta

CALENDARIOS PARA UN 2019 XENIAL
14 Novembro 2018
Outsourcing, coñeces o seu significado?
15 Novembro 2018
 

Como encher de vida o teu balcón

 

A túa terraza no inverno adoita ser un espazo esquecido pero, se lle dás unha oportunidade, pode ser o lugar máis marabilloso do teu fogar. Deixa que as túas flores favoritas ou plantas verdes boten raíces e axuda á túa casa a florecer.

Sácalle partido á túa terraza

Regálate un momento cada día para gozar do aire libre na comodidade da túa casa. Non hai nada que apeteza máis que abrir a porta da túa terraza e que che invada unha onda de vida e natureza.

Aproveita para dedicarte a facer as actividades que máis che gustan e relaxan como regar as plantas, tomar unha copa de viño coa túa parella ou simplemente ler un bo libro.

Ter un balcón ou unha terraza na casa é unha sorte. En Dixardín queremos inspirarte para que te sintas aínda máis a gusto no teu refuxio particular.

Combina plantas e flores

Os máis incrédulos dirán “non é nada fácil conseguir unha terraza chea de plantas e flores preciosas”. Pero non te preocupes, só necesitas gañas e coñecer algúns truquiños. Verás que é moi fácil e saberache a gloria!

As plantas e flores ofrecen un abanico enorme de posibilidades para decorar a nosa terraza e convertela na envexa da veciñanza.

Existe unha gran variedade de flores e plantas que darán alegría e cor ao espazo. Ata o balcón máis pequeno pódese transformar nun auténtico oasis natural.

Non só podes combinar cores, tamaños e tipos de plantas, ademais, podes xogar coa súa disposición: crear un xardín vertical usando un andel e encher de verde toda a parede, deseñar un recuncho con diferentes tipos de flores para conseguir un efecto máis dinámico ou usar a barra do teu balcón e enrólalle unha enredadeira. Terás unha terraza para enmarcar!

 

 

 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade