Tipos de luces de coche e cando acendelas

Como podo facer chegar o meu currículo a Activa Social?
9 Novembro 2018
CALENDARIOS PARA UN 2019 XENIAL
14 Novembro 2018
 

Sabes cando utilizar cada unha delas?

Luces de estrada, antinéboa, de cruzamento... cada unha está pensada para unha situación determinada. Coñéceas para saber cando utilizalas e evitar así algún que outro susto ao volante.

Faros para ver e ser visto na estrada

Luces de cruzamento. Tamén coñecidas como “curtas”, son necesarias sempre que haxa situacións de escasa visibilidade: de noite, con brétema, choiva, entrada aos túneles, nos carrís reversibles e á tardiña.

Luces de estrada. Ou como se chaman habitualmente, as longas. Estas luces só se empregan de noite e fóra de poboado cando aínda coas luces de cruzamento a visibilidade é escasa. Coidado con deixalas moito tempo acendidas, poden cegar aos condutores que van de fronte ou aos que van diante co retrovisor.

Luces antinéboa. Os faros antinéboa traseiros son obrigatorios sempre que haxa circunstancias meteorolóxicas adversas como un diluvio, unha xistra ou unha néboa espesa. Os faros antinéboa dianteiros compren a mesma función pero son opcionais.

Como sabes, as luces non son só para que o condutor poida ver mellor a estrada e a súa contorna, tamén son necesarias para que os outros condutores poidan distinguirnos.

Luces de condución diúrna. Desde 2011 os coches van equipados con ópticas dianteiras de condución diúrna para ser avistados de día. Estas luces son automáticas e tipo LED.

Luces de posición. Como o propio nome di serven para informar da posición e amplitude do teu vehículo a outros condutores, débense activar xunto coas curtas.

Luces de freos, marcha atrás e intermitentes. Serven para informar da dirección ou acción que realizas co vehículo.

Un extra de seguridade coas luces

En Trameve sempre imos un paso máis aló coa seguridade. Por iso dispomos das pezas de recambio adecuadas para que non teñas ningún problema co sistema de iluminación do teu coche cando esteas a conducir.

Ten luces e non te perdas nin un detalle da estrada!

 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade