Todas e todos podemos crear un xardín sostible!

Por que un xardín sostible?
5 Novembro 2019
Non busques, atopa
6 Novembro 2019

Moitas persoas poderán pensar que se non teñen un espazo grande para crear un xardín, este post non é para elas. Ao contrario, a cada  anaco de natureza podemos chamalo xardín, e podemos crealo e gozalo con criterios sostibles.

Un balcón ou unhas cantas macetas son suficientes para crear o noso xardín persoal e facelo con boas prácticas ambientais. Colaborar para mellorar o noso medio ambiente non é unha utopía: a suma de todos eses pequenos xardíns contribúe a cambiar as cousas. Empecemos dende a nosa casa!

Que debemos buscar para que o noso xardín sexa sostible?

Estes serán os nosos criterios!

  1. Adaptarnos o máis posible ao clima e ao chan
  2. Aforrar auga seleccionando especies adecuadas, empregando métodos de rega eficientes e aproveitando a auga de choiva
  3. Conseguir un gasto mínimo de recursos enerxéticos e unha produción mínima de residuos, que logo tentaremos reutilizar ou reciclar
  4. Promover a diversidade

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade