Un servizo preto de ti

TEMOS MOITAS HISTORIAS QUE CONTARCHE
31 Outubro 2018
Como podo facer chegar o meu currículo a Activa Social?
9 Novembro 2018
 

En Galega de Economía Social traballamos desde as persoas e para as persoas, e por iso, para garantir o acceso a todas as usuarias e usuarios, a nosa web está preto de ti.

Principios da web

  1. Transparencia. Galega de Economía Social quere que a información na web sexa o máis clara e precisa posible. Usamos tipografías de alto contraste e gran tamaño, infografías e elementos visuais para que o vexas todo mellor. Así que se hai algo que aínda non se entende ben, por favor, pídenos que o corrixamos.
  2. Comunicación. A función principal da web non é falar, senón escoitar. Incorporamos os novos modos de contarnos cousas e oportunidades de feedback en moitos máis lugares. Para que nos digas como podemos mellorar cando aínda estamos a tempo de facelo.
  3. En calquera pantalla. Marcámonos como reto que a web funcione perfectamente, consúltela onde a consultes: en móbiles, tablets, computadores... independentemente do tamaño da pantalla (o que se denomina deseño responsivo).
  4. A túa opinión é a nosa obrigación. Todos os comentarios que nos fagas sobre o funcionamento da web valorarémolos e responderémolos para que non teñas dúbidas.

En que podemos axudarche?

 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade