Unha aposta pola reciclaxe

Outsourcing, coñeces o seu significado?
15 Novembro 2018
Como dar de baixa o teu vehículo?
30 Novembro 2018
 

 

 

Facer as cousas ben desde o principio

Para facer do mundo un lugar máis sustentable, temos que empezar por algún sitio. Todos podemos reciclar e reducir os residuos, tanto os fogares como as grandes empresas.

Podes cambiar as cousas sen saír de casa

Separar os residuos na casa é unha das formas máis fáciles de colaborar co coidado do medio ambiente, xa que, con este sinxelo xesto, permitimos que se reciclen correctamente. Poden parecer medidas insignificantes, pero iso é o bo das cousas pequenas: que todas suman! 

Xestionar o lixo implica separar os residuos e reciclar ou simplemente desfacerte daquelas cousas que xa non usas. O papel, o plástico e os metais reciclados pódense volver utilizar para fabricar novos produtos, en lugar de consumir máis recursos da natureza. Os cartóns de ovos ou as botellas de zume poden reinventarse en cousas insospeitadas!

Crea a túa propia solución de reciclaxe

Crea un punto de reciclaxe perfectamente adaptado a todos os membros da familia. Así conseguirás clasificar, gardar e reciclar de forma sinxela. Canto mellor o fagamos, mellor será para as persoas e o planeta.

Non hai escusa para non reciclar!

Darlle voltas ás ideas

Coregal busca constantemente formas novas de facer máis con menos. Traballamos a xestión ambiental dos materiais a través dun ciclo de reparación, reutilización e reciclaxe. Ao longo da nosa cadea de procesos, o noso obxectivo é usar os recursos renovables e reciclados da forma máis eficiente posible para crear valor en lugar de refugallos.

 

 

 

 

 

 

 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade