Galega de Economía Social avanza na súa transformación dixital e na consolidación da súa imaxe corporativa co apoio do Bono Consolida 2026

GES súmase á campaña “Move un Dedo”, un chamamento á acción pola inclusión real das persoas con discapacidade
28 Novembro 2025

Galega de Economía Social (GES), matriz de COGAMI Empresarial, resultou beneficiaria da axuda “Galicia Bono Consolida Economía Social”, correspondente á Orde do 23 de decembro de 2025, publicada no DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2026.

Esta axuda, correspondente ao código de procedemento TR802L e ao expediente TR802L-2026-00000029-00, permitirá a GES impulsar diferentes actuacións orientadas á modernización e consolidación da entidade.

En concreto, o proxecto inclúe actuacións nas Liñas 2, 3 e 8 do programa, destinadas respectivamente á adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web; ao marketing, a comunicación e o relanzamento comercial; e á creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.

Estas actuacións contribuirán a avanzar na transformación dixital de GES, reforzar a súa presenza e comunicación e consolidar a súa identidade como matriz de COGAMI Empresarial, favorecendo unha imaxe común e coherente do grupo empresarial.

O apoio do Bono Consolida 2026 supón así un impulso para continuar modernizando os procesos e ferramentas da entidade, mellorar a súa comunicación e fortalecer a súa posición como grupo empresarial de economía social.

Esta actuación conta co apoio do programa Galicia Bono Consolida Economía Social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Suscribirse á newsletter

    ¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

    Acepto a política de privacidade