Política de privacidade

Quen é a persoa responsable do tratamento dos seus datos?

  • Identidade: Galega de Economía Social, S.L.
  • CIF: B-15.913.684
  • Enderezo postal: R/ República Checa, 17, Parque Empresarial Costa Vella, 15707, Santiago de Compostela.
  • Teléfono: 981 51 90 26
  • Correo electrónico: ges@galegadeeconomiasocial.gal

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

En Galega de Economía Social, S.L. tratamos os seus datos persoais facilitados a través do presente formulario coa finalidade de responder á súa consulta e/ou remitirlle a información que nos solicite.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Conservaremos os seus datos persoais en tanto e canto sexan necesarios para responder á súa solicitude de información ou consulta, procedendo á súa supresión unha vez deixan de ter utilidade para a entidade.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

Para o suposto de que solicite información a través da nosa páxina web a base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento explícito e inequívoco que vostede nos facilita mediante a aceptación explícita desta política de privacidade.

A que persoas destinatarias comunicaranse os seus datos?

Galega de Economía Social, S.L. pode compartir os seus datos persoais con aquelas empresas ou colaboradoras/es que son esenciais para poder prestarlle o servizo que nos solicita e que teñen a condición de encargadas de tratamento, estas/es colaboradoras/es subscribiron un contrato que garante a confidencialidade e seguridade dos seus datos. Igualmente, en caso de existir algún tipo de obrigación legal, Galega de Economía Social, S.L. procederá a realizar as cesións legais dos seus datos ás que legalmente se atope obrigada.

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

En virtude do establecido no RGPD podes solicitar:

  • Dereito de acceso:solicitar información daqueles datos persoais que dispoñamos.
  • Dereito de rectificación: comunicar calquera cambio nos teus datos persoais.
  • Dereito de supresión e ao esquecemento: solicitar a eliminación previo bloqueo dos datos persoais.
  • Dereito de limitación ao tratamento: restrinxir o tratamento dos datos persoais.
  • Dereito de oposición: pode retirar o consentimento do tratamento dos datos, opoñéndose a que se sigan tratando.
  • Dereito á portabilidade: solicitar unha copia dos datos persoais nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica para a súa transmisión a outra persona responsable.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións automatizadas: solicitar que non se tomen decisións que se baseen unicamente no tratamento automatizado, incluíndo a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos ou afecte significativamente á persoa interesada.
  • Dereito a retirar o teu consentimento: en calquera momento sen que iso anule a lexitimación dos tratamentos que se efectuaron desde que se outorgou o consentimento ata que o retire.

Por iso, Galega de Economía Social, S.L. infórmalle que, en calquera momento e de forma gratuíta, pode exercitar os anteditos dereitos mediante a solicitude dos modelos pertinentes no correo electrónico ou na dirección indicada no primeiro punto da presente política de privacidade.

Cada solicitude de exercicio de dereitos que nos presente deberá conter no asunto a referencia “Exercicio dereitos RGPD” e incluír os seguintes datos: nome e apelidos, domicilio a efectos de notificación, fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte, e petición concreta que se solicita. No caso de exercitarse en nome doutra persoa, deberase achegar un documento que acredite fidedignamente a representación ostentada.

Se vostede considera que algún dos dereitos anteriormente mencionados non foi respectado, terá dereito a presentar unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos. https://www.agpd.es/portalwebAGPD/index-ides-idphp.php).

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade