Lei Xeral de Discapacidade

¿Que é a Lei Xeral da discapacidade?

En Galega de Economía Social ofrecemos as nosas clientas e clientes a posibilidade de cumprir coa Lei Xeral de Dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, recorrendo ás medidas alternativas, ben a través dos centros especiais de emprego, contratando os seus servizos ou produtos, e/ou mediante a opción de realizar doazóns ou accións de patrocinio de carácter monetario.

A normativa sobre dereitos das persoas con discapacidade recolle a obriga das empresas públicas e privadas cun cadro de persoal de 50 ou máis traballadoras/es de reservar un 2% para persoas con discapacidade.

Nos casos que a contratación directa de persoas con discapacidade non sexa factible por causas organizativas da empresa, ou ben porque a oficina de emprego non pode dar resposta á oferta de postos de traballo realizada por aquelas, pódese recorrer de maneira excepcional e transitoria á contratación indirecta de persoas con discapacidade a través das medidas alternativas.

A contratación indirecta de persoas con discapacidade, como cumprimento das medidas alternativas, require dunha autorización Administrativa, Certificado de Excepcionalidade, que concede o Servizo de Emprego competente.

O Certificado de Excepcionalidade concédese por unha duración de 3 anos, debendo presentar anualmente memoria xustificativa do cumprimento da obriga en cada exercicio. Transcorrida a vixencia do certificado de excepcionalidade deberá renovarse, se durante a mesma non se alcanzou a cota de reserva do 2%, e concorren as circunstancias para renovar a concesión.

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade