¿Que é a Economía Social?
Un modelo empresarial e social formado por persoas que traballan para persoas.
A lei que a regula, e que se aprobou en marzo de 2011, define a economía social como "o conxunto de actividades económicas e empresariais, que no ámbito privado levan a cabo aquelas entidades que, de conformidade con determinados principios, perseguen o interese xeral económico ou social, ou ambos"
Os principios que orientan a economía social en España son:
- Primacía das persoas e do fin social sobre o capital.
- Xestión autónoma e transparente, democrática e participativa.
- Aplicación dos resultados obtidos da actividade económica ao fin social.
- Promoción da solidariedade, interna e coa sociedade.
- Compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades, a cohesión social,
a inserción, a xeración de emprego, a conciliación e corresponsabilidade e a
sustentabilidade. - Independencia respecto dos Poderes Públicos.