
¿QUERES COÑECERNOS?
Somos un Grupo de empresas de Economía Social que contribúe á inserción laboral das persoas con discapacidade. ¿Queres coñecernos?
Únete a nós.

OS NOSOS CENTROS
Os nososo Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro operan en campos moi diversos, levando a cabo distintos proxectos nos sectores medioambiental, alimentación, artes gráficas, transporte, distribución ou reciclaxe, competindo no mercado ordinario con produtos e servizos de calidade.
Máis información

INCLUSIÓN SOCIAL
O emprego é un dos elementos de maior eficacia na aposta pola inclusión social das persoas con discapacidade. Non só é unha fonte de ingresos, senón que constitúe unha condición estratéxica para a integración social, a calidade de vida e a autonomía deste grupo social que en Galicia supera as 227.000 persoas.
Conócenos

EMPREGO ESTABLE E DE CALIDADE
Dentro da Economía Social sitúanse os Centros Especiais de Emprego, cuxa razón de ser é a creación de emprego estable e de calidade para as persoas con discapacidade, coa finalidade de facilitar a súa posterior transición ó mercado laboral.
Únete a nós.
AS NOSAS DIVISIÓNS
VALOR SOCIAL
Todas as empresas que forman parte do grupo están cualificadas como Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro (CEEIS). Máis do 90% dos nosos traballadores e traballadoras son persoas con discapacidade e todos os beneficios obtidos pasan a reinvestirse na propia empresa, co obxectivo de seguir fomentando o seu crecemento e a creación de emprego para este colectivo.


Reunirnos é un comezo, permanecer xuntos é un progreso, traballar xuntos é o éxito.