Blog

28 Novembro 2025

GES súmase á campaña “Move un Dedo”, un chamamento á acción pola inclusión real das persoas con discapacidade

Galega de Economía Social (GES) únese á difusión de “Move un Dedo”, a nova campaña impulsada por COCEMFE para promover o coñecemento e a aplicación da Estratexia Española sobre Discapacidade 2022–2030, a folla de ruta que marca o camiño cara á garantía plena dos dereitos das persoas con discapacidade física […]
13 Novembro 2025

Apoio á implantación de medidas ASG cofinanciadas pola Unión Europea

Galega de Economía Social recibiu unha axuda do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), cofinanciada pola Unión Europea, para a posta en marcha de accións vinculadas aos criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG). Estas axudas teñen como finalidade reforzar o crecemento sostible, impulsar a responsabilidade social e fomentar unha […]
24 Outubro 2025

Un doce recordo do 35 aniversario de COGAMI: un agasallo feito con inclusión e compromiso

O 35 aniversario de COGAMI foi unha celebración moi especial. Preto de 800 persoas, entre autoridades, profesionais, persoas usuarias, entidades colaboradoras e traballadores e traballadoras da organización, reuníronse para conmemorar tres décadas e media de compromiso coa inclusión e os dereitos das persoas con discapacidade en Galicia. Entre os momentos […]
15 Outubro 2025

Presentamos a Memoria de Sostibilidade 2024 de COGAMI Empresarial

Un ano máis, reafirmamos o noso compromiso coa sostibilidade, coas persoas e co territorio. Desde COGAMI Empresarial, o Grupo de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS) integrados na organización de COGAMI, vimos de publicar a nosa Memoria de Sostibilidade 2024, un documento que resume os principais fitos, retos […]
10 Outubro 2025

Compostela Street 2025: cando a economía social se fai visible na rúa

O pasado mes, o Campus Sur de Santiago converteuse nun espazo aberto á cultura urbana, ao deporte e á creatividade colectiva. Pero, entre trucos de skate, partidos de basket e arte en directo, tamén houbo lugar para algo máis profundo: o compromiso social e ambiental levado á práctica por tres […]
19 Setembro 2025

Un paso adiante na economía circular: vehículos fóra de uso como recurso formativo

O avance cara a un modelo máis sostible e responsable non pasa só pola reciclaxe: require tamén educar, formar e compartir coñecemento. Por iso, noticias como a recente renovación do convenio entre a Xunta de Galicia e TRAVEGA (Asociación galega de Tratamento de Vehículos) son unha excelente mostra de como […]
21 Agosto 2025

Empresas de COGAMI Empresarial reforzan a súa actividade coa axuda do Galicia Bono Consolida 2025

Un ano máis, varias das empresas integradas en COGAMI Empresarial foron beneficiarias do Programa de apoio á consolidación das entidades da economía social, a través do instrumento “Galicia Bono Consolida Economía Social”, impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. No marco da convocatoria de 2025, […]
11 Xullo 2025

GES participa no III Foro de Sostibilidade e Economía Circular da man de Rosa Gutiérrez, Directora de Negocio

Galega de Economía Social estivo presente no III Foro de Sostibilidade e Economía Circular, un evento organizado por APD (Asociación para o Progreso da Dirección) en colaboración coa Xunta de Galicia, no marco do programa Capacita Directivos. Neste espazo de encontro e reflexión, participaron líderes e representantes de empresas que […]
9 Xullo 2025

GES participa na elaboración do Plan de Acción da Economía Social de Compostela

O pasado 8 de xullo celebrouse en Santiago de Compostela a segunda e última xornada do proceso participativo para a elaboración do Plan de Acción da Economía Social de Compostela, unha iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago, coa asistencia técnica de Abeluria Cooperativa. Nesta xornada, […]
15 Xuño 2025

COGAMI Empresarial, presente en ExpoBusiness Compostela: innovación, visibilidade e conexións con propósito

COGAMI Empresarial participou en ExpoBusiness Compostela, un evento de referencia que tivo lugar en Santiago no marco do programa Santiago Vivo, e que reuniu a empresas de todos os sectores e tamaños: desde iniciativas emerxentes ata compañías consolidadas que lideran o rumbo da economía galega. Este encontro empresarial converteuse nun […]

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade