GES participa na elaboración do Plan de Acción da Economía Social de Compostela

Abrimos as portas á nova web de Integratex, a iniciativa téxtil de COGAMI Empresarial
30 Xuño 2025
GES participa no III Foro de Sostibilidade e Economía Circular da man de Rosa Gutiérrez, Directora de Negocio
11 Xullo 2025

O pasado 8 de xullo celebrouse en Santiago de Compostela a segunda e última xornada do proceso participativo para a elaboración do Plan de Acción da Economía Social de Compostela, unha iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago, coa asistencia técnica de Abeluria Cooperativa.

Nesta xornada, que tivo lugar nas instalacións de CERSIA Empresa, participou a nosa compañeira Belén Vázquez Sampayo en representación de GES (Galega de Economía Social), xunto con outras entidades da Economía Social compostelá: cooperativas, centros especiais de emprego, e outras fórmulas de economía alternativa e solidaria.

O obxectivo deste encontro foi definir conxuntamente os eixos estratéxicos e as accións clave que debe recoller o futuro Plan, co fin de impulsar a competitividade, a visibilidade e o recoñecemento da Economía Social na cidade. Entre os temas tratados abordouse o alcance das actuacións, os públicos destinatarios e o encaixe das propostas nos orzamentos municipais.

Con esta xornada péchase a fase participativa do proceso. A partir de agora iniciarase a redacción definitiva do Plan, co obxectivo de que poida comezar a aplicarse no ano 2026 e teña vixencia ata 2028.

Desde GES celebramos formar parte deste espazo de diálogo e construción colectiva, no que se pon en valor a Economía Social como motor de transformación, xerador de emprego inclusivo e expresión de compromiso, creatividade e impacto real no territorio.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade