Un paso adiante na economía circular: vehículos fóra de uso como recurso formativo

Empresas de COGAMI Empresarial reforzan a súa actividade coa axuda do Galicia Bono Consolida 2025
21 Agosto 2025
A Persoa Áncora: unha nova figura para humanizar os espazos laborais en COGAMI Empresarial
3 Outubro 2025

O avance cara a un modelo máis sostible e responsable non pasa só pola reciclaxe: require tamén educar, formar e compartir coñecemento. Por iso, noticias como a recente renovación do convenio entre a Xunta de Galicia e TRAVEGA (Asociación galega de Tratamento de Vehículos) son unha excelente mostra de como a colaboración entre administracións e entidades pode achegar valor real á sociedade e ao medio ambiente.

Este acordo permite que vehículos fóra de uso (VFU) sexan cedidos temporalmente a centros de Formación Profesional para que o alumnado poida traballar con eles antes de seren tratados como residuos. Deste xeito, os vehículos, aínda que non útiles para circular, convértense nun recurso pedagóxico de grande valor, mellorando a calidade da formación técnica e reducindo residuos de forma efectiva.

Desde Trameve, como centro autorizado de tratamento (CAT), valoramos moi positivamente este tipo de iniciativas. Aínda que non formamos parte directa deste convenio, compartimos a filosofía que o impulsa: prolongar a vida útil dos materiais, reducir o impacto ambiental e contribuír á formación de novas xeracións de profesionais sensibilizados coa sostibilidade.

Trátase dunha clara aplicación dos principios da economía circular:

  • Reutilizar os vehículos como ferramenta educativa.
  • Formar a futuros profesionais con medios reais.
  • E, finalmente, reciclar e xestionar adecuadamente os compoñentes e materiais.

Este tipo de medidas demostran que é posible facer coincidir intereses sociais, educativos e ambientais. Ademais, poñen en valor o papel dos CATs como axentes fundamentais na cadea da sostibilidade e da transformación ecolóxica do sector da automoción.

En Trameve seguiremos atentas/os a estes avances e abertas/os a colaborar en iniciativas que reforcen unha visión de futuro máis verde, máis xusta e máis responsable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade