Quen somos

 

GALEGA DE ECONOMÍA SOCIAL

Galega de Economía Social, S.L. (GES) é a matriz dun grupo de empresas de economía social participado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) Á súa vez forma parte de CEGASAL, Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.

GES constitúese no ano 2003 como un modelo empresarial forte e competitivo co obxectivo de xerar emprego de calidade para as persoas con discapacidade. En continua evolución, Galega de Economía Social, S.L. presta servizos de asesoría e consultoría ao conxunto das empresas (centros especiais de emprego de iniciativa social) que integran o Grupo.

A través dun proceso de mellora continua e innovación, o Grupo GES participa na xestión de coñecemento de cada unha das súas iniciativas empresariais e na formación dos seus equipos, desenvolvendo e profesionalizando liñas de negocio produtivas que acheguen un servizo especializado e de calidade que dea resposta ás novas e diferentes necesidades do mercado.

Ademais, Galega de Economía Social colabora en proxectos de RSC con outras entidades, empresas, institucións locais, concellos, universidades e outras organizacións relevantes, cunha dobre visión: contribuír á mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade e perfeccionar os seus propios procesos de traballo.

Consulta aquí as nosas memorias: 

Memoria 2020

Memoria 2021

Memoria 2022

 

Galega de Economía Social é unha iniciativa beneficiaria do Programa BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL.

MÁIS DO 90% DOS NOSOS
TRABALLADORES SON
PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade