COGAMI Empresarial, presente en ExpoBusiness Compostela: innovación, visibilidade e conexións con propósito

Rosa Gutiérrez dá voz a COGAMI Empresarial en Es Radio durante a feira Expobusiness Compostela
11 Xuño 2025
GES participa na elaboración do Plan de Acción da Economía Social de Compostela
9 Xullo 2025

COGAMI Empresarial participou en ExpoBusiness Compostela, un evento de referencia que tivo lugar en Santiago no marco do programa Santiago Vivo, e que reuniu a empresas de todos os sectores e tamaños: desde iniciativas emerxentes ata compañías consolidadas que lideran o rumbo da economía galega.

Este encontro empresarial converteuse nun espazo para reflexar a forza, a diversidade e o talento do tecido empresarial galego, así como para compartir proxectos, visibilizar oportunidades reais en materia de emprego, innovación e crecemento sostible, e xerar novas sinerxías entre empresas e persoas.

Durante a nosa participación presentamos o labor de COGAMI Empresarial, dando a coñecer os nosos proxectos e iniciativas a visitantes e representantes de entidades públicas e privadas. Tamén compartimos o noso novo catálogo corporativo, deseñado por Grafinco, que chamou a atención de moitas persoas asistentes, incluído o recoñecido actor Antonio Resines, quen posou con el apoiando a nosa labor, e recibimos a visita institucional do director xeral de Emprego, Pablo Fernández López, quen se interesou polo noso modelo de emprego inclusivo.

Ademais, recollimos currículums de persoas interesadas en unirse ao noso equipo, o que pon de manifesto o crecente interese pola economía social e con valores.

Agradecemos a todas as persoas que se achegaron ao noso stand, interesándose polo noso traballo e polos proxectos que impulsamos desde a inclusión e a sostibilidade. Seguimos avanzando cara a unha economía máis xusta, diversa e centrada nas persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade