Recomendacións de ciberseguridade durante o coronavirus (COVID-19)

O valor da inclusión das persoas con discapacidade
20 Abril 2020
Como funcionan as empresas de traballo temporal
30 Abril 2020

En Galega de Economía Social queremos anticiparnos a todos os posibles contratempos que poida xerar a incidencia do COVID-19 no noso día a día.

Debido á situación actual que, polo ben da nosa saúde e das persoas que nos rodean, obríganos a evitar ao máximo os desprazamentos e saídas dos nosos domicilios, é probable que incrementes a túa actividade online, ben realizando compras ou operacións por internet, ou recibindo un maior número de comunicacións a través de correo electrónico para que poidas manterte informada/o.

Por este motivo falamos con David Pesqueira, Director de Sistemas e Novas Tecnoloxías de COGAMI que nos da unhas recomendacións básicas de seguridade que nos gustaría que tiveses en conta. Segue lendo!

 

Coida e protexe os teus datos de identificación persoal

Á hora de proporcionar información sensible nunha web (contrasinal, datos bancarios…) revisa que na barra do navegador apareza HTTPS ou un cadeado verde.

 

Utiliza sempre unha rede segura

Accede sempre que poidas dende o computador do teu fogar ou do teu traballo, ou sexa, desde unha rede na que poidas confiar e que só uses ti.

 

Non abras correos de remitentes descoñecidos

Comproba a dirección de correo e non descargues nin visites ningunha web que veña dende un correo sospeitoso.

 

Documentos e ligazóns

Presta moita atención e se moi suspicaz con documentos ou ligazóns antes de facer click neles. Ante a dúbida, é mellor borralos.

 

Protexe os teus dispositivos

  • Actualiza o teu navegador para que este incorpore as últimas melloras de seguridade. Para facelo, visita a web do teu navegador e descarga as últimas versións. É rápido e a túa experiencia da internet mellorará moito.
  • De cando en vez elimina o historial de navegación, as cookies e os ficheiros temporais.
  • Mantén o teu computador libre de virus usando un software antivirus.

 

Coidado cos bulos

Difunde con cabeza. Non compartas información sen contrastala. Asegúrate de que provén de medios e fontes fiables.

 

Ao terminar, pecha a túa sesión

Desactiva a opción de “lembrar contrasinais” e pecha a túa sesión ao saír desconectándote como usuaria/o.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade