Cando menos o esperabamos, ao estrear unha década decisiva e prometedora, unha emerxencia sanitaria poñía en pausa as nosas vidas durante varios meses. Mesmo agora, ao volver sentir o movemento cotián, a normalidade adquire unha cor diferente: o das máscaras que cobren os nosos rostros.
Esta publicación forxouse en metade da batalla contra o COVID-19, esa mesma que nos mantivo confinados toda a primavera e que cambiou a nosa forma de ver e sentir o mundo.
Esta pandemia acelerou a transición cara a un mundo máis dixital que nos mostrou as bondades da tecnoloxía para manternos conectados ás nosas familias, ao traballo, ao mundo en xeral durante as semanas nas que apenas podiamos saír á rúa.
Neste contexto é probable incrementar a actividade online, ben realizando compras ou operacións por internet, ou recibindo un maior número de comunicacións a través de email.
Por este motivo, falamos con David Pesqueira, Director de Sistemas e Novas Tecnoloxías de COGAMI, que nos dá unhas recomendacións básicas de seguridade que nos gustaría que tiveses en conta.
Segue lendo!
Á hora de proporcionar información sensible nunha web (contrasinal, datos bancarios…) revisa que na barra do navegador apareza HTTPS ou un cadeado verde.
Accede sempre que poidas dende o computador do teu fogar ou do teu traballo, ou sexa, desde unha rede na que poidas confiar e que só uses ti.
Comproba a dirección de correo e non descargues nin visites ningunha web que veña dende un correo sospeitoso.
Presta moita atención e se moi suspicaz con documentos ou ligazóns antes de facer click neles. Ante a dúbida, é mellor borralos.
Difunde con cabeza. Non compartas información sen contrastala. Asegúrate de que provén de medios e fontes fiables.
Desactiva a opción de “lembrar contrasinais” e pecha a túa sesión ao saír desconectándote como usuaria/o.