
COGAMI Empresarial participou na I Feira de Empreendemento e de Apoio ao Emprego “IMPULSA-T | UDC TALENTO”, organizada pola Universidade da Coruña (UDC). O evento reuniu entidades, empresas e persoas emprendedoras co obxectivo de fomentar o emprego e o emprendemento entre o estudantado universitario.
Un espazo para dar a coñecer COGAMI Empresarial
Durante a xornada, a entidade contou cun stand propio, onde se presentou o traballo que desenvolve para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade e o emprego inclusivo en Galicia.
A actividade, organizada pola UDC e descrita como un “Espazo para dinámicas de selección”, desenvolveuse baixo o nome “Coñece-T”. Estivo dirixida a quen quería coñecer máis de preto a COGAMI Empresarial e compartir o seu perfil profesional. O alumnado participante —maioritariamente estudantes estranxeiras de másteres no ámbito social e comunitario— tivo a oportunidade de presentar a súa traxectoria, intereses e experiencia, buscando posibles oportunidades de encaixe laboral na entidade.
Contacto directo coa comunidade universitaria
Ao redor de 40 persoas achegáronse ao stand, entre elas tres con discapacidade (dúas estudantes de Enxeñaría Informática e unha de Socioloxía). As persoas asistentes interesáronse por coñecer máis sobre COGAMI Empresarial e explorar oportunidades de emprego.
Esta participación permitiu achegar a entidade á comunidade universitaria e dar visibilidade ao seu compromiso coa igualdade de oportunidades e coa empregabilidade inclusiva.
Visibilidade da man de Recursos Humanos
Durante a feira, Anahí, compañeira do departamento de Recursos Humanos de COGAMI, foi entrevistada para compartir a experiencia da entidade na inserción laboral e na responsabilidade social empresarial. Ademais, respondeu preguntas sobre os perfís máis demandados na organización e ofreceu consellos a aquelas persoas que están comezando a súa carreira profesional.
Compromiso co emprego inclusivo
Con esta participación, COGAMI Empresarial segue consolidando o seu papel como referente no ámbito do emprego inclusivo, fomentando a colaboración entre o ámbito académico, empresarial e social para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria e diversa.
| Nome | Provedor | Propósito | Caducidade | _icl_current_language | WPML | Usamos WPML para locale management. Leer más | 1 día |
|---|---|---|---|
| cmplz_user_data | Complianz | Para determinar que banner de cookies mostrar. | 1 año |
| cmplz_id | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | sesión |
| complianz_consent_status | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
| cmplz_stats | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
| cmplz_marketing | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
| cmplz_choice | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
| complianz_policy_id | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
| cmplz_banner-status | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año |
| cmplz_consented_services | Complianz | Para almacenar as preferencias de consentimento de cookies. | 1 año | cmplz_policy_id | Misceláneas | 365 días | cmplz_statistics | Misceláneas | 365 días | cmplz_preferences | Misceláneas | 365 días | cmplz_functional | Misceláneas | 365 días | WP_PREFERENCES_USER_1 | Misceláneas | WP_DATA_USER_6 | Misceláneas | loglevel | Misceláneas | GDPR_REMOVAL_FLAG | Misceláneas | adobeCleanFontAdded | Misceláneas | settings | Misceláneas | WP_PREFERENCES_USER_5 | Misceláneas | WP_DATA_USER_5 | Misceláneas |
| Nome | Provedor | Propósito | Caducidade |
|---|
| Nome | Provedor | Propósito | Caducidade | _gid | Google Analytics | Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos acerca de como utiliza o visitante o sitio web. | 1 día | _ga_* | Google Analytics | Usamos Google Analytics para website statistics. Leer más | 1 año | _ga | Google Analytics | Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos acerca de como utiliza o visitante o sitio web. | 2 años | _gat | Google Analytics | Utilízase para acelerar a taxa de solicitudes. | 1 minuto |
|---|---|---|---|
| __utmz | Google Analytics | Seguimento da procedencia do visitante, que motor de procura usou, en que ligazón fixo clic, que palabra chave usou e en que lugar do mundo atopábase cando accedeu a un sitio web. | 6 meses |
| Nome | Provedor | Propósito | Caducidade | _cltk | Microsoft Clarity | Para almacenar unha identificación de usuario única. | 1 año | _clck | Microsoft Clarity | Para almacenar unha identificación de usuario única. | 1 año |
|---|---|---|---|
| _clsk | Microsoft Clarity | Para almacenar e combinar páxinas vistas por un usuario nunha soa gravación de sesión. | 1 día | Google Fonts API | Google Fonts | Usamos Google Fonts para mostrar fontes web. | Persistente | GPS | YouTube | Para almacenar datos de localización. | sesión | YSC | YouTube | Rexistra unha identificación única para manter estatísticas de que vídeos de Youtube viu o usuario. | sesión | PREF | YouTube | Para almacenar preferencias da iteración coa conta de usuario. | sesión | VISITOR_INFO1_LIVE | YouTube | Tenta calcular o ancho de banda do usuario en páxinas con vídeos de Youtube integrados. | 179 días | rc::c | Google reCAPTCHA | Usamos Google reCAPTCHA para spam prevention. Leer más | session | rc::b | Google reCAPTCHA | Usamos Google reCAPTCHA para spam prevention. Leer más | session | rc::a | Google reCAPTCHA | Usamos Google reCAPTCHA para spam prevention. Leer más | persistente |