O coche, un exemplo de economía circular

Entrevista a… Alejandro Rouco, xerente de Grafinco
8 Setembro 2020
10 anos Tempe
13 Outubro 2020

De igual modo que se recicla unha botella de cristal, unha bolsa de plástico ou unha caixa de cartón, tamén se reciclan as diferentes partes dun coche cando este chega ao final da súa vida útil.

Un proceso co que coidar o planeta dando unha nova vida e diferentes usos a eses compoñentes que aínda poden ser usados.

 

O teu coche acompañouche durante gran parte da túa vida. Chegou o momento de renovalo e reciclalo.

Que facer con el?

Cando un coche sofre un accidente ou simplemente cando se acaba o seu tempo útil para circular, non se tira ao “lixo” sen máis. Do mesmo xeito que depositamos os nosos residuos nos colectores amarelos, verdes ou azuis, os coches deposítanse, como establece a normativa, en Centros Autorizados de Tratamento ( CAT).

Que ocorre unha vez que o entregas?

O Centro Autorizado de Tratamento tramita telemáticamente a baixa no rexistro de vehículos, e entón iníciase o proceso de tratamento ambiental.

Como se recicla un coche?

En primeiro lugar, o vehículo descontamínase mediante a extracción de todos os elementos perigosos para o medio ambiente, retíranse determinados compoñentes para a súa reciclaxe, e todos os elementos extraídos durante o proceso almacénanse e posteriormente entréganse a xestores autorizados para a súa recuperación.

No seguinte paso desmóntanse as pezas que poden ser utilizadas na reparación doutros vehículos (pneumáticos, líquidos, cristais,…).

Tras o seu paso polo centro autorizado de tratamento, o vehículo envíase a unha instalación de fragmentación, onde por medio de distintas tecnoloxías de separación recupéranse os distintos materiais para ser reciclados. Aqueles que teñan un poder  calorífico elevado, utilizaranse para preparar un combustible derivado de residuo. A enerxía xerada deste xeito, e todas as materias primas obtidas, utilizaranse na elaboración de novos produtos, entre eles novos vehículos.

 

 

Iniciativas que inspiran

Que sería do mundo actual sen a reciclaxe? Neste reto Trameve, empresa dedicada ao tratamento medioambiental de vehículos pertencente a Galega de Economía Social, propón o desenvolvemento de procesos que favorezan a reciclaxe e permitan a reutilización e recuperación dos seus coches.

Deste xeito, lánzase de cheo a favor da reciclaxe e deixa de lado o modelo de produción e consumo lineal, para dar paso a un sistema de economía circular. Un modelo que favorece á sociedade e ao medio ambiente xa que permite reciclar e evitar residuos do vehículo no vertedoiro, conseguindo que o valor dos produtos e materiais se manteñan ao longo dos anos.

Todos aqueles compoñentes que poidan recibir unha segunda vida son vendidos por  Trameve como material de segunda man. Pezas como os espellos, retrovisores, as lamias ou mesmo o propio motor. Así, non se destrúen de forma innecesaria senón que axudan a outras persoas para renovar compoñentes dos seus propios coches a un menor custo.

Pensando cada vez máis no seu futuro reciclado

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade