Plan de Igualdade GES

Plan de Igualdade GES
24 Marzo 2021

En Accede Social somos conscientes do importante papel que temos as empresas en materia de igualdade. Por iso, levamos anos traballando cun obxectivo claro: ser motor de cambio na sociedade.

 

Somos o primeiro centro especial de emprego de Galicia que asinou o seu I Plan de Igualdade o que xa demostra a nosa implicación e compromiso coa igualdade entre mulleres e homes. Un plan que conta con 13 actuacións, 5 delas xa implementadas, que pretenden seguir avanzando na igualdade de oportunidades, na nosa empresa en particular e na sociedade en xeral. Algunhas delas son a visibilización da muller no sector do transporte; a redución de xornada por razóns de estudos ou coidados a persoas maiores, enfermas, con discapacidade ou con dependencia; ou formacións específicas sobre igualdade a todo o equipo Accede.

 

Seguir mellorando é o noso reto

En Accede Social apostamos polo talento, sen discriminacións de ningún tipo. E hoxe podemos afirmar con orgullo que a forma na que o estamos facendo está a funcionar. Mulleres en postos directivos, traballadoras e traballadores que exercen o seu dereito á conciliación,… Lideramos co exemplo e os resultados obtidos son un acicate para continuar avanzando.

O noso obxectivo continuará sendo a consecución da igualdade real e efectiva, porque é parte da nosa cultura e os nosos valores. Por iso, queremos compartir con vós o que significa traballar en igualdade, a través das experiencias de quen traballa en Accede Social.

Convidámosche a descubrir as súas historias, que son a nosa: Avanzando en Igualdade!

 

Silvia Alende

Xerente de Accede Social

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Suscribirse á newsletter

¿Queres ser o primeiro en coñecer as nosas novidades?

Acepto a política de privacidade