É curioso como a perspectiva pode cambialo todo. Unha opinión, unha imaxe, unha relación. E ata unha empresa. Cambiar de punto de vista é positivo. Axúdanos a ampliar os nosos coñecementos e a chegar a novas conclusións.
Pois iso mesmo fai Diego Silva coas súas fotografías para as empresas de Galega de Economía Social. Un enfoque reflexivo e transformador que se centra nas persoas a través do encadre, a luz e a composición. De forma directa, auténtica e real.
Fotografía e artesanía. Persoas. Curiosidade. Paixón. Estudou Publicidade e a piques estivo de facer Psicoloxía. Ao terminar fíxolle caso ao seu instinto e estudou o que verdadeiramente lle facía feliz: a fotografía. Con 4 anos, regaláronlle a súa primeira cámara de fotos. A partir de aquí descubriu un camiño. É un apaixonado da creación, pero especialmente de comprender o proceso creativo. Das cousas ben feitas. Non lle vai a estética por estética. Prefire beleza con mensaxe. Interésalle máis o traxecto que lle leva a crear que non o produto final en si mesmo.
Trátase dun traballo estruturado, pero sempre partindo da creación e a innovación como motor, co único obxectivo de garantir unha boa comunicación; totalmente enganchado ao sentimento de bolboretas no estómago que produce probar cousas novas, novas linguaxes e novos retos. Fan da experimentación. Do ensaio e do erro.
Diego sabe que existe unha gran diferenza entre mirar e observar e ese concepto queda claramente plasmado no seu traballo. Para Diego resulta imprescindible lembrar que existe unha beleza diferente. Máis real. E máis de verdade. As fotografías de Diego son puras e auténticas, non só retrata o día a día de profesionais con discapacidade desenvolvendo unha actividade profesional senón que nos mostran a esencia da persoa que se coloca diante do seu cámara. E o resultado é simple, honesto. E moi humano.
As súas fotografías cargadas de sensibilidade, convertéronse nunha fonte de inspiración para moitas e moitos de nós. O seu proxecto dá pé a un cambio individual nos seus participantes, pero tamén de intencións maiores. A súa fotografía implícase coa discapacidade. Quere cambiar a maneira en como a sociedade construímos a nosa percepción sobre ela.
A súa mirada é íntima e social. Captura a atmosfera cunha estética entre a foto documental e a publicitaria. E que mostra valor máis aló dos estereotipos sociais. Cun estilo minimalista que permite ao público achegarse á emoción da persoa que pousa. Capta en cada retrato historias de persoas reais, e moi capaces. Fotografías necesarias para ver sen prexuízos a discapacidade e o seu potencial.
Camiño difícil pero tamén esperanzador.
Diego Silva https://enfocatebranding.es/
Activa Social ETT
Grafinco
Combina Social
Integratex
Trameve